Novas Subvencións da Xunta de Galicia para RSE, a Igualdade e Conciliación

Hola hoxe imos a presentarche as novas subvencións da Xunta de Galicia. Aquí tes toda a información necesaria.

A Xunta de Galicia publicou a convocatoria de subvencións para Empresas de Galicia que queiran implantar a Responsabilidade Social Empresarial. As axudas constan de 3 liñas subvencionables:

LINEA 1, implantación de RSE:

Mediante esta liña subvencionaranse os proxectos de certificación dos diferentes estándares da RSE tales como:

NOTA: este ano temos a novidade de que se incluíu a ISO 19600.

Serán subvencionables tamén proxectos de certificación de Estándares Ambientais como:

 LINEA 2, elaboración e implantación de plans de igualdade:

Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, tanto de maneira voluntaria como en cumprimento do deber establecido nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Por tanto, este programa non será de aplicación ás empresas co deber legal de implantar plans de igualdade segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.

LINEA 3, conciliación da vida laboral, familiar e persoal:

1º. Programa 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo e da flexibilidade horaria.

2º. Programa 2. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que fomenten o teletraballo.

CONTÍAS:

LINEA 1: ata 3.000,00€ por Empresa.

LINEA 2: ata 1.500,00€ por Empresa con menos de 20 traballadores e ata 3.000,00€ nos demais supostos.

LINEA 3 programa 1: ata 3.000,00 € por traballador cun máximo de 12.000,00 € por Empresa.

BENEFICIARIOS:

Terá a condición de beneficiario calquera PEME ou Micro Empresa ou Persoa Traballadora Autónoma da Comunidade Autónoma de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Ata o día 28 de Xuño do 2018.

¿QUE APORTA AMBICAL?

Realizamos as labores de consultoría e tramitamos a solicitude de subvención sen custos engadidos. Contactanos se compromiso algún.

2018-06-13T12:01:44+01:00 © AMBICAL, todos los derechos reservados. 30 mayo 2018|

Conecta con nosotros

Ambical Proyectos

C/Newton nº 31 1º y 2º planta (Pg. A Grela) 15008 A Coruña

Teléfono: 981 135660

WhatsApp chat